mércores, 29 de xaneiro de 2014

Visita ao colexio de "Magín Blanco"

Maxín Branco o autor do disco libro:
"A nena e o grilo nun barquito"


Maxín Branco é un músico do oriente ourensán que a finais dos oitenta despregou unha curta pero substanciosa carreira con "La Rosa", un grupo de pop melancólico e enérxico,  tras iso abordou unha carreira en solitario que deu discos  marabillosos .

  Na súa visita aos nenos e nenas do 1º ciclo do cole de Chans , contounos que sufriu un accidente que o imposibilitou para tocar a guitarra. Alguén sen coraxe tería abandonado, pero dende logo Maxín non; Maxín seguiu e para elo inventou un xeito novo de tocar a guitarra , adaptado aos seus dedos sen articulacións .Vimos como tocaba coa súa guitarra tumbada enriba das pernas e cantunos varias cancións do seu disco "A nena e o grilo nun barquiño", tamen cantamos con el a canción "doutor".
Foi moi divertido!
Visita de Magín Blanco on PhotoPeach

martes, 28 de xaneiro de 2014

A cova tragapalabras

Na cova tragapalabras podemos reforzar a lectura comprensiva e a escritura de palabras e frases sinxelas.Unha vez na páxina, marca na tarxeta "YA LEO", pulsa nas tesoiras, entra nas portas por orde e verás o que descubres. Vale a pena!


http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2007/cueva_tragapalabras/


Restas á carreira

Neste xogo podedes traballar o cálculo mental das restas.

http://www.arcademicskillbuilders.com/games/island_chase/island_chase.html
 
 
Coidado!Vai moi rápido!
 


luns, 27 de xaneiro de 2014

Pikipalabra

O xogo de pasapalabra para os primeiros cursos de primaria.



http://dpto6.educacion.navarra.es/piki/index.php


venres, 24 de xaneiro de 2014

Ordena as imaxes

Neste xogo deberás ordear as imáxenes. Primeiro elixe un vagón de tren, o seu número indica o número de imáxenes que terás que ordear. Logo podes contar ou escribir a historia. ¡Lévaa ao cole! Gustarános leela.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

Animais domésticos


Unidade didáctica para traballar os animais domésticos en coñecemento do medio: características xerais de mamíferos e aves, tipos de alimentación, formas de reproducción, produtos que obtemos a partires deles e fundamentalmente ampliar o vocabulario sobre o tema.


http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1336039273/contido/domesticos/index.htm#


mércores, 15 de xaneiro de 2014

O caldeiro das historias



Aplicación para introducir aos alumnos no mundo da creación literaria cos ingredientes necesarios para facer un conto.
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1360260579/contido/caldero_musicacelta.swf

martes, 14 de xaneiro de 2014

O monstro de cores




O monstruo de cores ten un lío enorme e non sabe o que sinte realmente, pero descubre que si aprende a clasificar as "cousas"que sinte en botecitos de diferentes cores e ponlles nome e  moito máis facil expresar o que sinte o recoñece e así pode solucionalo.Así aprende a diferenza entre a rabia e a tristeza,recoñece a alegría....

luns, 13 de xaneiro de 2014

O día da Paz

Este ano no día da Paz imos a cantar dúas cancóns cheas de tenrura.
Unha delas é esta:"A rumba das apertas", escoítala verás que fermosa !






(Si tes problemas para escoitala dalle o vínculo de arriba)



Aquí está unha das páxinas do albúm,  desta  canción .
Que ilustracións máis chulas ten !Non si?





mércores, 8 de xaneiro de 2014

luns, 6 de xaneiro de 2014

O aforcado de Xan Xoan

É moi sinxelo:
Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira).



http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html
 

mércores, 1 de xaneiro de 2014

Festival:Nadal 2014

                    Esta é unha unha mostra do festival deste ano.Bótalle unha ollada.


                          
E tamen tivemos a visita de Papá Noel!