venres, 30 de xaneiro de 2015

"Un mundo de cores"Paz 2015

“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor! Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes.



UN MUNDO DE CORES on PhotoPeach

sábado, 24 de xaneiro de 2015

CHANS RECICLA

O mércores 21 de xaneiro viñeron ao noso cole os do Concello de Vigo para enseñarnos a reciclar .
Unha muller ensinounos onde tiñamos que tirar cada envase depende do material que estivera feito.
Trouxeron unha tele para xogar a un xogo de reciclaxe, era moi divertido!Primeiro tiñamos que dicir onde meter os envases: contenedor verde claro, amarelo, azul ou verde escuro e logo na tablet o faciamos.
Ao rematar déronnos unha bolsa con:
-Un contenedor de xoguete
-Unha revista de pegatinas
-Un boli con sementes.
Por Aldara de 2º






luns, 12 de xaneiro de 2015

Festival Nadal 2014

Aqui tendes unha pequena mostra das fermosas actuacións coas que o alumnado do CEIP de Chans Bembrive despediu o ano 2014 e deulle unha agarimosa benvida ao ano 2015



FESTIVAL NADAL 2014 on PhotoPeach




Esta é a nosa actuación deste ano:




Somo uns e unhas artistas!